A Cafetería "Encontro" de Barrantes e o grupo "Noite Fechada" teñen
preparada unha gran festa para mañán co gallo do primeiro aniversario do
estreno do grupo cambadés. Así o publicitan en Facebook
Xa fai un ano que estes zumbaos botaron a andar e fixérono aquí, na súa casa, O Encontro. Agora máis curtidos, experimentados e cun bo carro de concertos ao lombo ao ancho e larjo da nosa xeografía volven á cuna natal para dar sejuramente o mellor concerto de Noite Fechada ata a fecha.
Para celebrar este primeiro aniño dando jerra traerán novo material para desleite de todos e rejalaranse maquetas cos 4 temas xa publicados e outros 4 de nova colleita.
Voará aljunha que outra camiseta do grupo ao público e os que quededes sin elas poderedes mercalas á presio de cubata.
Ademáis, a entrada será de balde, así que non vos podedes perder a mellor carallada de Noite Fechada este venres ás 23:30 no garito de sempre, o Encontro!!
Ademáis, a entrada será de balde, así que non vos podedes perder a mellor carallada de Noite Fechada este venres ás 23:30 no garito de sempre, o Encontro!!
FESTA RACHADA, CARALLADA E ROCK N'XEBRE !!!
Puto Rock&Roll !!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.