Na súa
intervención, Valentín García deulles a benvida aos asistentes á nova
sede do Centro Ramón Piñeiro, no Pazo de San Roque. Xa referíndose
ao libro que acudira a presentar, o secretario xeral resaltou os
esforzos de Fermín Penzol e da Xeración Galaxia por manter vivo o facho
do galego durante os difíciles tempos da posguerra. Gabou a xenerosidade
de Penzol, ilustre mecenas da nosa cultura, e mais das persoas que
neses anos dedicaron a súa vida á lingua propia de Galicia, a quen
presentou como “referentes para todos os bos e xenerosos do século XXI”.
Acompañaron
o secretario xeral na mesa Xulio Souto Jiménez, vicepresidente da
Fundación Penzol; Manuel González González, director científico do
Centro Ramón Piñeiro; Xosé Luís Cochón, un dos coordinadores do volume e
o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.
Cartas a Fermín Penzol
O XXVII volume dos Cadernos Ramón Piñeiro segue unha das liñas de traballo do centro de investigación dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistente en dar ao prelo material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da literatura ou dos estudos filolóxicos galegos. Neste caso, trátase dun feixe de cartas que Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Ramón Cabanillas e Ramón Otero Pedrayo lle enviaron a Fermín Penzol. As misivas reprodúcense con escrupuloso respecto aos textos orixinais e complétanse con abondosas observacións críticas.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en HumanidadesO XXVII volume dos Cadernos Ramón Piñeiro segue unha das liñas de traballo do centro de investigación dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistente en dar ao prelo material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da literatura ou dos estudos filolóxicos galegos. Neste caso, trátase dun feixe de cartas que Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Ramón Cabanillas e Ramón Otero Pedrayo lle enviaron a Fermín Penzol. As misivas reprodúcense con escrupuloso respecto aos textos orixinais e complétanse con abondosas observacións críticas.
O CPRIH, dependente da Consellería de Cultura e Educación, ten a finalidade de promover, desenvolver e darlles difusión a proxectos galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos. Na actualidade, centra as súas liñas de investigación en lingüística con aplicacións informáticas, en prosa e poesía medieval, na recuperación e análise de publicacións literarias e en proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.