Os socialistas de Cambados queren saber a postura e as accións que vai tomar o Concello de Cambados sobre os recentes estudos da contaminación
que saíron a luz sobre as nosas rias en xeral e sobre o mar cambadés en particular.
1.- por cobre
2.- por arsénico, fronte a Cambados
3.- por chumbo
Non existen estudos complementarios que
clarifiquen con certeza a súa orixe, pero desde a SGHN manéxase como
hipótese que pola situación ao carón dunha importante zona vitivinícola,
dita contaminación por cobre e arsénico na zona de Cambados podería
proceder dos tratamentos con funxicidas e outros plaguicidas nos viñedos.
Esta contaminación por cobre, arsénico e chumbo
repercute directamente sobre as explotacións pesqueiras e marisqueiras,
1.- Cal é a postura deste Concello ante esta
situación?
2.- Vaise a instar á Xunta de Galicia para investigar
a orixe da contaminación severa a moi severa por cobre arsénico e
chumbo nos sedimentos da nosa ría?
3.-Vaise a instar á Xunta para que se adopten
as medidas necesarias para reverter esta situación? De ser así, en
qué plazos se acometerían as actuacións necesarias e con qué financiación
se contaría?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.