Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2014

UNHA PONTEVEDRESA LEGA PARTE DA SUA HERDANZA A DEPUTACIÓN






Alicia Crespí González, unha pontevedresa de Cotobade, falecida en Madrid, legoulle á Deputación de Pontevedra 840.000 euros e unha colección de útiles, mobles e obras de arte da súa propiedade para o Museo de Pontevedra. 

O Goberno provincial aceptou hoxe o seu legado, unha cantidade de 3,4 millóns de euros que se van repartir entre a propia Deputación, a congregación das Doroteas de Pontevedra, a Universidade de Vigo, Cáritas e dous irmáns seus.
No seu testamento, outorgado en Madrid en 1995, déixalle ó seu viúvo, Ángel González Ferrero, o usufruto; á Deputación de Pontevedra os mobles e obxectos artísticos do seu domicilio madrileño da rúa Arroyo del Fresno, para que sexan expostos no Museo de Pontevedra; e ás institucións antes mencionadas unha cuarta parte da súa herdanza, con varios condicionantes.

No caso das Doroteas e da Universidade de Vigo o destino da cantidade legada será para a sede da congregación relixiosa e para a Escola Normal de Mestres de Pontevedra; o legado a Cáritas irá dirixido a atender unha residencia de anciáns; e os seus irmáns, Antonio e Luis Crespí González, deberán restaurar os edificios antigos e un terreo materno do lugar de Santiago de Loureiro, en Cotobade.

Os bens acadan un valor de taxación actual de 3,4 millóns de euros, e os depósitos, contas correntes, fondos de investimento e o seguro de vida representan 793.575 euros.
Os bens inclúen cinco pisos en Madrid e un na Toxa, O Grove; unha vivenda con rocho e praza de garaxe, tamén en Madrid; varias prazas de garaxe; unha leira en Cotobade; valores mobiliarios, mobles e útiles, valorados todos eles en 3.397.895 euros.
Ó seu viúvo corresponderalle o 12,5% do valor dos bens, é dicir, 283.157 euros; o resto será repartido entre os catro legatarios, 840.000 euros para cada un.

O legado específico do Museo de Pontevedra está composto por 17 mobles, 9 obras de arte –de pintores anónimos do século XIX, José Fernández Lamas, Teresa Abril Martorell ou José Luis Lagos Escalada, entre outros–, así como obras de cerámica, instrumentos musicais antigos e varias coleccións de fotografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.