O Concello de Cambados volve a deixar de lado
os colectivos de cidadáns mais necesitados de axuda, neste caso a aqueles
con problemas de mobilidade.
As beirarrúas da rúa O Grove que se construíron
recentemente non cumpren cas medidas mínimas para que (tal e como pide
a Lei) poidan ser empregadas por todos os cidadáns, incluídos aqueles
que necesitan de unha cadeira de rodas ou para quenes se desprazan con
nenos pequenos que precisan silla ou ir da man. Además nesta zona as
beirarrúas están construidas a pedazos, polo que hai que ir subindo
e baixando constantemente delas.
Esta mesma situación
tamén se da na rúa Sevilla, onde se aparca ós dous lados, e a práctica
inexistencia de beirarrúas, fai que os peóns se teñan que inxeniar
unha solución cada vez que quere pasar algún coche, meténdose nun
recuncho entre os que están aparcados ou facendo esperar ós vehículos
que queren pasar.
Estes problemas
coas beirarrúas non acaban ahí. Ademáis, o propio Concello decicíu
reducir aínda mais o espazo colocando elementos do mobiliario urbano
que prácticamente fan intransitable o paso por algunhas beirarrúas:
por toda a avenida de Vilagarcía, son moitos os tramos nos que as beirarrúas
son moi estreitas e aínda enriba teñen farolas no medio destas, outros
tramos desta mesma rúa están inclinados e hai vexetación de fincas
privadas que invaden a beirarrúa, impedindo o paso por elas.
Varios veciños desta zona puxéronse en contacto
nos últimos días co grupo municipal socialista para amosar a súa
preocupación pola situación que están a vivir: en moitas ocasións,
os peóns vense obrigados a invadir a estrada ó non existir ningunha
zona habilitada para eles co conseguinte risco que isto conleva xa que
lembramos que é unha estrada moi transitada por vehículos por ser
un dos principais accesos a Cambados, peor aínda se temos en conta
que algúns veciños deben facer este tramo con nenos.
Dende o PSOE de Cambados esixen que
se tomen medidas canto antes para coidar a seguridade vial dos peóns,
o eslabón mais débil da seguridade vial e polo que debería velar
principalmente o Concello de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.