Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de enero de 2014

RIBADUMIA. CATRO CAMPOS DE FUTBOL PARA 5000 HABITANTES









Ribadumia é un pequeno municipio da Comarca do Salnés, con pouco máis de 5.000 habitantes. Con todo, nos menos de 20 quilómetros cadrados do Concello xa hai tres campos de fútbol. Agora, estase a construír un cuarto, por valor de 1,2 millóns, segundo denuncia o BNG. A maioría do investimento provén da Deputación e permitiu aos veciños expropiados cobrar ao redor de 50 euros polo metro cadrado.
Cabe recordar que se destruiu un campo de fútbol para face unha das pousadas.
O motivo da sobredose de infraestructuras deportivas en Ribadumia é político. Rafael Louzán (PP), o presidente da Deputación, comezou a súa carreira neste Concello, onde naceu.
Os nacionalistas denuncian unha "situación esperpéntica" en plena crise.  Trataríase, na súa opinión de "unha nova versión do “pan e circo romanos, neste caso, “igrexa e fútbol”, xa que entre Concello e Deputación están sufragando o arranxo dunha Igrexa, por valor de 200.000 euros". 
Calquera que visite O Salnés dáse conta inmediatamente  que a comarca está inzada de obras públicas. Por exemplo, a Deputación construíu catro "Pousadas do Salnés" en localidades moi próximas (Armenteira, A Lanzada, Meaño e Ribadumia). Suman 200 prazas hoteleiras, establecementos públicos -construídos en plena crise-  que agora xestionará unha empresa privada e que a Deputación agarda reconvertir en centros de formación, polo menos parcialmente. 

GC (Galicia Confidencial) publicou varias informacións nas que detallaba como a Deputación de Pontevedra mantén unha enorme rede de decenas pequenas empresas concesionarias das obras públicas, ás que lle renova sempre o mesmo contrato ano tras ano. Varias destas empresas están vencelladas ao propio Louzán, tanto a través da súa familia en segundo grao como a través do seu antigo chófer.

Fonte: Galicia Confidencial

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.