Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de enero de 2014

O B.N.G. DENUNCIA UN VERTIDO NO RIO PEQUENO EN OUBIÑA





No dia de onte, veciños e veciñas de Oubiña, volvían a alertar dun novo vertido industrial (o cheiro a peixe delataba claramente a orixe do vertido) no Río Pequeno. Despois de anos repetíndose esta situación, semella que a contaminación e a destrución ecolóxica deste río resulta irremediable, sendo a causa, sen dúbida, a lamentable planificación e xestión do Polígono Industrial de Sete Pías realizada polos gobernos municipais do PP de Cambados. As falsas promesas de que a entrada en funcionamento da EDAR de Ribadumia solucionarían os problemas de vertidos ao Río Pequeno poñen e evidencia, unha vez máis, o pouco valor e realismo que teñen as promesas do PP. A día de hoxe as cousas nada cambiaron desde que comezou esta problemática coa entrada en funcionamento do polígono industrial, e vai sendo hora para que desde o concello se tomen medidas que eviten, definitivamente, que se siga utilizando este río coma un sumidoiro da rede de saneamento do noso concello. Ademais, resulta contraditorio e incoherente que os dirixentes comarcais do PP se dediquen a publicitar nos medios de comunicación o estado saneado do Río Umia, mentres lles da absolutamente igual a contaminación  que ata el leva un dos seus afluente, polo que

O B.N.G. de cambados polo tanto solicita que responda á seguinte pregunta; como pensa o concello de Cambados rematar de xeito definitivo coa repetición de vertidos contaminantes no Río Pequeno?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.