Falar de ruínas é case sempre sinónimo de abandono e de deterioro. Non é o caso destes fantásticos restos que distan moito de ser un horror para os fascinados ollos do visitante. A igrexa de Sta Mariña Dozo é un belo exemplo do que é un dos recunchos máis románticos da comarca e boa parte da provincia.
Aos pes do Monte da Pastora, e moi próxima á ubicación dun antigo emprazamento castreño, poderemos gozar das fantásticas ruínas do que foi no seu día unha importante igrexa. Con anterioridad debeu existir un vello templo románico de cecáis o século XII. Non se sabe con exactititude si sua fundación foi debida a doña María de Ulloa, nai do arzobispo Alonso de Fonseca ou a doña Juana de Hungría, esposa de Paio Gómez, quen habitaron na próxima Torre de San Sadurniño. En canto á cronoloxía é máis que probable que se iniciasen as obras na época destes, durante os séculos XV ou XVI, con remates posteriores no século XVII.
Este templo oxival componse de cabeceira ou ábside cadrado, unha sóla nave con cuberta de madeira e as capelas laterais. O tamaño da nave é de 24 x 11,4 m. Do chamado gótico marinero, forma parte dun grupo de igrexas do mesmo estilo como poden ser Sta María de Laxe, Sta María de Muxía, Sta María A Nova ou tamén a igrexa de Sta Columba de Rianxo, a cal quizais servise de exemplo ao caso do que nos ocupamos. O templo divídese en cinco tramos marcados polos grandes arcos rebaixados de medio punto que aínda permanecen intactos. Estes atópanse decorados con bólas e pomas. O ábside divídese do resto mediante un gran arco apuntado, cuberto dunha gran bóveda de crucería, en cuxa clave haber esculpido o Sol, que é a imaxe de Cristo. Seis capelas dispóñense a ambos os dous lados, das cales, unha delas sería a sancristía.
Na parte frontal, veremos unha torre de planta cadrada, no lado esquerdo. A ela ascéndese por unha escaleira de caracol interior. De mencionar son tamén as esculturas dispostas nos arcos das figuras dos doce Apóstolos, o Misterio da Reencarnación e os pecados capitais, pero sobre todo chamaranos a atención a figura dunha Virxe preñada e do Cristo coa cruz. De destacar son tamén os restos das pinturas das paredes laterales que dentro de moi pouco e debido ás inclemencias climáicas e ao nulo mantemento, acabarán por desaparecer.
Hoxe en día, as ruínas, dan acubillo a un cemiterio parroquial e o altar maior presenta unha antiga figura dun Cristo no que fai hoxe de capela. Foi abandonada no século XIX, tras un gran incendio que destruíu gran parte da igrexa. Hoxe en día realízase unha sóla a misa no Día dos Defuntos.
As ruínas de Sta Mariña Dozo foron declaradas monumento histórico-artístico en 1943. Hoxe en día quizais precisen dun pouco máis de atención si queremos conservar os fermosos restos desta lendaria igrexa.
Máis fotos na sección Cambados en fotos á dereita.
Fonte: Galicia Máxica
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.