Un Xulgado de Cambados busca aos herdeiros dunha muller que morreu en Sanxenxo fai case 25 anos.
Aínda que no seu momento apareceron familiares da difunta o caso segue e para dar por remattado o caso publicouse no BOP de Pontevedra a seguinte resolución a fin de atopar máis herdeiros si os houbese.
Os nome das persoas involucradas na herdanza aparecen aquí so coas iniciais.
Don Julio Manuel González Muñoz, Secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Cambados.
Fago saber: Que no expediente de declaración de herdeiros abintestato seguido neste órgano xudicial ao número declaración de herdeiros 492/2011 polo falecemento sen testar de doña L.M.R. ocorrido en Sanxenxo o día 1 de xullo de 1979 promovido por J.F.M., sendo chamados á herdanza as súas sobriñas doña M.D.M.C., M.J.M.M. así como outros posibles sobriños de L. M. R., parentes en terceiro de consanguinidade do causante, acordouse por resolución de data 31/07/2013 chamar aos que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para que comparezan no Xulgado a reclamala dentro do prazo de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndolles que de non verificalo pararalles o prexuízo a que haxa lugar en dereito. En Cambados, a vinte e seis de novembro de dous mil trece.O Secretario Xudicial, Xulio Manuel González Muñoz. Máis info na páxina do 64 BOP DE PONTEVEDRA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.