Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2014

DOUS CAMBADESES IMPLICADOS NUN ACCIDENTE






Foto "Faro de Vigo"
En torno as 20:00 de onte pola tarde produciase un aparatoso accidente de tráfico na estrada que une Cambados con Vilagarcía.  O choque frontolateral entre un Taxi Ford Mondeo que circulaba en dirección a Cambados e un Mercedes que o facía hacia cara Vilagarcía, rematou con feridos de diferente consideración, pero, ningún de gravidade.
Foto Telesalnés

Un taxista de Cambados que presuntamente sextuplicaba a taxa de alcoholemia permitida para os autopatronos viuse implicado onte á noite nun accidente de tráfico na vía rápida de Vilagarcía a Cambados, á altura do término municipal de Vilanova. O home, de iniciais J.L.T.D. e duns 55 anos de idade, conducía un Ford Mondeo que se incorporaba á vía rápida en dirección Cambados desde o enlace de Vilanova e que segundo os equipos de urxencias invadiu parcialmente o carril contrario, polo que circulaba en sentido Vilagarcía un turismo Mercedes. O condutor do Mercedes, R.C.F., un cambadés duns 25 anos, foi trasladado a un centro hospitalario con dor cervical, dorsal e lumbar, mentres que ao taxista fíxoselle a proba de alcoholemia antes de derivalo a un centro sanitario, pois en principio non sufría lesións graves. Segundo fontes de urxencias presentes no accidente, arroxou en torno a 1 miligramo de alcohol por gramo en aire expirado, cando o máximo que permite a lei para os condutores profesionais é de 0,15.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.