Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de enero de 2014

ESPAÑA MELLORA LENTAMENTE, GALICIA CAE EN PICADO





Galicia pechou 2013 con algo máis de 270 mil parados. Son preto de 8 mil menos ca un ano antes, malia que en decembro se produciu un repunte no número de desempregado. O paro aumentou ese mes en 209 persoas.

En toda España, 2013 rematou con algo máis de 4 millóns 700 mil parados. Foron preto de 148 mil menos ca un ano antes. En decembro o desemprego reduciuse en algo máis de 107 mil persoas. foi o maior descenso nun mes de decembro de toda a serie histórica, segundo datos do Ministerio de Emprego.

En Galicia, por provincias, o paro descendeu no 2013 en todas. Onde máis foi na da Coruña. Ademais, na provincia da Coruña foi a ùnica na que tamén descendeu o paro en decembro.

A nivel do estado 2013 pechouse con algo máis de 4 millóns 700 mil parados, son case 147 mil menos ca un ano antes.
Decembro foi un mes récord onde o paro se reduciu en máis de 107 mil persoas. É o maior descenso nun mes de decembro de toda a serie histórica, segundo datos do Ministerio de Emprego. Tamén é a segunda maior baixada de toda a serie historica pra calquera mes.

A Seguridade Social creceu en algo máis de 64 mil afiliados este decembro con respecto a novembro, segundo datos do Ministerio de Emprego.
Supón un aumento do 0,39% e sitúa o número de adscritos ó sistema en máis de 16 millóns de persoas. É o maior dato da serie histórico.
En termos anuais, o ano pasado a Seguridade Social rexistrou un descenso de algo máis de 85 mil persoas. 
A nivel Galicia a Seguridade Social perdeu en Galicia case 13 mil afiliados o pasado ano. É case un 1,4% menos ca un ano antes.

Galicia pechou o 2013 con preto de 915 mil afiliados á Seguridade Sociail.
Segundo datos do Ministerior de Emprego, en decembro o descenso da afiliación foi de algo máis de 2 mil persoas, un 0,23% menos có mes anterior.
Por provincias, Lugo é a que máis afiliados perdeu en termos porcentuais e Pontevedra en absolutos.
En toda España, a Seguridade Social creceu en pouco máis de 64 mil afiliados en decembro respecto a novembro. Supón un aumento do 0,39%. Sitúa o número de abscritos ó sistema en maís de 16 millóns de persoas, o maior dato da serie histórica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.