Recoñecido por crítica (premiado no Challenge Internacional Du Vin, Medalla de Prata no Concurso Mundial de Bruxelas e Medalla de Prata Excepcional no International Wines and Spirits Challenge (IWSC)) e público, volveremos celebrar de novo as Festas con este viño creado co método "champenoise".
O azul cobalto, tan característico da marca, domina na botella deste Brut Nature, elaborado segundo o método inventado na Champaña polo monxe Dom Pérignon (método champenoise), é dicir, cunha segunda fermentación en botella, a 12-13 ºC, envellecido con léalas ata o degüelle, cando se expulsan léalas e motiva a aparición da burbulla: potenciadora dos sabores a uva, que a fai perdurar ao longo dos anos.
Elaborado exclusivamente coa variedade albariño, preséntase amarelo dourado alimonado. En nariz móstrase fino, complexo e expresivo. Primeiro manifesta trazos da crianza en botella e un fondo de auga de mar, eucalipto e froitas brancas de profundo recordo ao albariño. Fondo de pan tostado e casca de amendoa. En boca é amplo, sabroso, cremoso e fresco. De novo aparecen as notas da variedade con final en boca grato e fresco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.