Cádiz acolleu o sábado a presentación do percorrido oficial da Volta Ciclista a España 2014. O acto contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domíguez e os presidentes das Deputacións de Pontevedra e Coruña. A comunidade galega será nesta 69 edición da proba ciclista a meta do percorrido e acollerá as cinco etapas finais deste evento deportivo que adquire gran repercusión e impacto mediático internacional.
Os participantes da Volta percorrerán nas cinco etapas da comunidade galega preto de 700 quilómetros. A emblemática praza do Obradoiro da capital galega acollerá o podio da proba. O lema da Volta será Provincia de Cádiz-Santiago 'El final del Camino'.
As etapas galegas discorrerán entre Ortigueira e A Coruña; A Estrada e o Monte Castrove; Salvaterra de Miño e Cangas do Morrazo; Santo Estevo de Ribas de Sil e o Porto de Ancares e máis a etapa contrarreloxo en Santiago de Compostela.
A Volta ciclista a España é un evento deportivo de máximo nivel no que se conxuga o deporte coa promoción turística por onde discorre.
A Volta ciclista a España é un evento deportivo de máximo nivel no que se conxuga o deporte coa promoción turística por onde discorre.
A edición anterior deu comezo en Galicia
A edición número 68 da Volta Ciclista a España converteuse nun gran escaparate deportivo, cultural e económico de Galicia nos cinco días polos que transcorreu pola comunidade, grazas ás retransmisións deportivas que se difundiron a través das pantallas en varios países do mundo.

Etapa que pasa pola comarca do Salnés |
Con este gran evento, Galicia rexistrou no mes de agosto o máximo histórico de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados, superando incluso en algo máis de 1.000 aos computados no Ano Santo 2010. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, e difundidos pola Xunta, a nosa comunidade rexistrou no mes de agosto unha cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados de 727.733, isto é un 11,6% máis que os rexistrados no mesmo mes do ano pasado. Tamén as pernoctas experimentaron unha suba do 6,5% con 1.826.503 pernoctas rexistradas en hoteis, pensións, casas de turismo rural, apartamentos turísticos e cámpings. Eso sí o custe de traer as etapas a Galicia segue sin ser desvelado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.