Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de diciembre de 2013

PRIMEIROS DATOS DA FOLGA DA SANIDADE PÚBLICA






 A sanidade galega vive hoxe a primeira das dúas xornadas de folga contra os recortes promovidos dende a Xunta de Galicia. Dende o Sergas sinalaron que un de cada catro sanitarios secundaron o paro mentres que os sindicatos falan de cifras moito maiores, preto de catro de cada cinco.

Primeiro día de folga da sanidade galega. Os recortes, o copago, a privatización ou as áreas de xestión clínica son as principais razóns que levaron a este parón. Os hospitais móvense estes días grazas os servizos mínimos, o que representa no Salnés preto dun 40% do persoal. Dos restantes, a gran maioría secundou a folga, segundo os sindicatos. 

Os datos achegados dende a Xunta de Galicia foron ben distintos no que a seguimento da folga se refire. Sanidade cifrou nun 21,85% o apoio ó paro. Por áreas, na de Pontevedra superou o 25% mentres que en Santiago, non chegou apenas ó 12%. CIG, CCOO, CESM e OMEGA, as centrais sindicais qque convocaron a folga, animaron á cidadanía a participar activamente mañá das mobilizacións que terán lugar en 13 localidades galegas. 


A concentración diante do Hospital do Salnés terá lugar mañá ás dúas da tarde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.