Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2013

MAREA BRANCA EN PONTEVEDRA A VINDEIRA SEMANA





O luns e o martes da vindeira semana haberá folga nos servicios sanitarios convocado polos sindicatos CIG, CCOO e OMEGA. Este paro precederá a unha manifestación o propio martes día 10, ás oito da tarde diante do Hospital Provincial de Pontevedra á que se chama á cidadanía para a defensa da sanidade pública.
Os sindicatos OMEGA, CIG e CCOO veñen de convocar unha manifestación en defensa da Sanidade Pública. Agardan contar cunha marea branca en contra da privatización semellante á que se ven dando nos últimos tempos en Madrid, para ó que chaman á concienciación cidadá. Amais desta mobilización popular, os tres sindicatos convocaron dúas xornadas de paro para os profesionais sanitarios. Serán o luns e o martes da vindeira semana para evitar que se lle sigan a recortar os seus dereitos como usuarios da sanidade pública e tamén como traballadores. Aseguran que perderon un 15 % dos seus salarios durante o Goberno Feijóo; unhas cantidades que denuncian que non foron reinvestidas na mellora do sistema sanitario. 
E é que aseguran estes sindicalistas que a sanidade pública non se pode mesturar ca privada, sería contraproducente. A deriva do goberno actual persegue pouco a pouco mudar o sistema actual, un dos mellores do mundo, para privatizalo e convertelo no negocio duns poucos; o que sería, a fin de contas, aínda máis caro para o Estado. O vindeiro luns e martes haberá servicios mínimos nunha ratio que os sindicatos xa denunciaron como abusivas ó ser máis amplos que ós de un festivo ou domingo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.