Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2013

INAUGURADA A E.D.A.R. DE RIBADUMIA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, presidiron hoxe a posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais do río Umia, na que se investiron preto de 8 millóns de euros. No acto púxose de manifesto que esta nova EDAR é un exemplo do compromiso do Goberno galego co saneamento das rías e dos ríos da Comunidade. De feito, no que atinxe ao conxunto de Galicia, cómpre lembrar que a Xunta mobilizou desde o ano 2009 máis de 430 millóns de euros en infraestruturas de depuración de augas, dos cales 270 millóns de euros procederon de recursos propios.
A nota de prensa da Xunta amosa a ignorancia de quen a escribe ou que a dicta.
A nova EDAR do Umia representa un factor de progreso para os 15.000 (adiántanse a despoboación que se albisca para dentro dun anos, pois agora a poboación destes concellos supera os 50.000) veciños da comarca do Salnés, que engloba os concellos de Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Cambados. E, ao mesmo tempo, conleva máis opcións de desenvolvemento para dous sectores económicos con importancia estratéxica na ría de Arousa, como son o marisqueo e o turismo. 

Esta actuación –que contribuirá a aliviar a sobrecarga que padece desde hai tempo a de Tragove, en Cambados- enmárcase no proxecto de saneamento da ría de Arousa, no que a Xunta leva xa mobilizados xa 56 millóns de euros, dos cales 36 proceden da Administración autonómica. Ademais dos plans de saneamento local da ría de Arousa que se están a desenvolver concello por concello, hai que engadir a recentes licitacións do saco de Fefiñáns (Cambados) por 1 millón de euros e das obras de construción da EDAR de Ribeira, na que se investirán 25 millóns de euros.

Así mesmo, a Xunta dispón dun Plan específico para o río Umia no que se están a investir máis de 20 millóns de euros coa fin de desenvolver unha xestión integral da conca que garanta tanto a calidade das augas como o abastecemento seguro da poboación. A este respecto, están en marcha 33 das 42 actuacións previstas, entre as que se inclúen, por exemplo, a do abastecemento dos veciños de Caldas de Reis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.