Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2013

A TVG INFORMA DE FORMA SESGADA E OSCURANTISTA OS DATOS DO PARO






O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 2.629 persoas en novembro en Galicia respecto de outubro, un 0,98%, ata un total de 270.854, segundo publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En taxa interanual, en relación con novembro de 2012, o paro baixa na Comunidade Autónoma galega en 5.682 desempleados, o que representa un descenso do 2,05%.

No conxunto do Estado, a cifra de parados rexistrados baixou en 2.475 en novembro, un 0,05% en comparación con outubro, sendo este o primeiro descenso que se rexistra neste mes desde 1996, cando se inicia a serie histórica.


Estos datos contrarrestan os difundidos pola TVG esta mañán. Reproducimos fielmente a nova publicada na sua web esta mañán e na que relegan a un segundo plano o negativo dato de Galicia facéndose eco do mínimo dato positivo para o total de España.

O paro baixa en novembro por vez primeira en 17 anos.
O número de parados caeu en 2.475 persoas, o que representa un 0,05% respecto ao mes de outubro.
En Galicia, o paro subiu un 0,98%. En termos interanuais a baixada foi do 2,05%.
Con esta diminución do paro en España, coa que se frean as subas dos últimos dous meses, o número de parados quedou en 4.808.908, segundo acaba de informar o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En Galicia, 270.854 persoas estaban no paro no mes de novembro.
En termos interanuais, o paro descendeu un 2,02%, en España, co que acumula un retroceso de 14 puntos e medio dende maio de 2012.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.