Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de noviembre de 2013

GALICIA PERDE CASE 300 AUTÓNOMOS INDUSTRIAIS






Segundo os datos de afiliación do mes de outubro recientemente publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o número de autónomos afiliados á Seguridade Social no sector industrial no mes de outubro en Galicia foi de 14.385, o que supón unha perda de 281 no que levamos de ano (xaneiro-outubro 2013), xa que en decembro o número de autónomos na industria galega foi de 14.667, unha caída do 1,92%. Trátase dunha taxa de caída de autónomos no sector industrial superior á producida no conxunto de España, que foi do 1,68%. 

En datos interanuales (outubro en relación ao mesmo mes do ano 2012) a perda é similar, -286 (-1,95%). 
Por Provincias, os autónomos do sector industrial no que levamos de ano caen con moita intensidade en Ourense, -90 (-3,61%). Tamén se reducen de xeito importante en Pontevedra, -101 (-2,10%); e na Coruña, -93 (-1,78%). Con todo, mantéñense cun lixeiro aumento en Lugo, 3 autónomos máis (0,13%). 
Maria do Carmen Rodriguez, Presidenta de UATAE Galicia, valorou esta perda de actividade nun sector crave para a economía galega como moi negativo. Ademais, segundo Rodriguez, "a estas alturas do ano a tendencia vaise a consolidar e imos terminar un novo ano (2013) con menos autónomos no sector industrial galego".


Para a Presidenta de UATAE Galicia, "a perda de actividades de autónomos é sempre moi negativa pero especialmente na industria, xa que son actividades difíciles de substituír por necesitar un importante volume de investimento, un maior período de maduración e consolidación da actividade e afianzarse nun mercado moi competitivo. Por iso, é especialmente preocupante a desaparición de actividade produtiva industrial, xa que é o sector que debería ser o motor fundamental para o desenvolvemento dunha economía avanzada e sólida".


Finalmente Maria do Carmen Rodriguez considera que "a situación da industria galega e os seus autónomos debería preocupar e ocupar máis ao Goberno da Xunta, xa que é un erro apostar por unha Comunidade baseada únicamente no desenvolvemento do sector servizos".


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.