Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2013

ANOVA – CAMBADOS DENUNCIA O COMEZO DE OBRAS QUE NON VAN A FUNCIONAR ATA DENTRO DUNS ANOS






Comezan as Obras das Comportas do Saco de Fefiñans, cando o Saneamento inda esta sen Adxudicar por Augas de Galicia, e as que se atopan en licitación teñen un prazo de execución de 12 meses.

Dende Anova I.N. de Cambados queremos facer publica a nosa discrepancia coa forma de actuar dende as distintas Administracións que goberna o PP, e na que conta co visto e prace do Goberno Municipal, o cal presume de xestión, pero que a realidade demostra que non existe, como por exemplo nas comportas do Saco de Fefiñans.
Dende Anova Cambados, non entendemos como as obras das comportas do Saco de Fefiñans comezaron no día de hoxe, cando o propio Alcalde de Cambados,fixo publica a promesa de que estas comportas non entrarían en funcionamento, ata que se rematara o Saneamento do Saco de Fefiñans, o cal parte das obras inda saíron a licitación nestes días, cun prazo de execución de doce meses, como se pode comprobar no Documento Anexo, ademais de que parte destas obras inda están pendentes mesmo de licitación, xa que figuran nos orzamentos do 2014 (Axuntase Copia), co que seguramente o saneamento da zona non se remate ata dentro de uns dous ou tres anos.

Orzamentos
Non entendemos como o Concello de Cambados permite que comecen unhas obras cun Importe de 472.623,58 €, a empresa Civis Global, S.L. e cun prazo de Execución de 7 meses, a sabendas que estas comportas non van a entrar en funcionamento, ata dentro de uns dous ou tres anos; ou polo menos, así o fixo publico o Alcalde de Cambados, polo que entendemos que se tratara dunha inversión que durante estes anos non terá utilidade ningunha, mentres por exemplo, non se comezan as obras de Construción do Centro de Dia, da Reforma da praza de Abastos, ou do Arranxo das instalacións deportivas do Colexio Antonio Magariños ou do I.E.S. Ramón Cabanillas, que nalgúns casos si están orzamentadas, pero nin sequera están en proceso de licitación, e nas que inda non se viu realizar ningún traballo nelas, inda que o Alcalde afirmara nunha recente entrevista que xa se había feito o 50 % do preciso para obter as obras, e contaba co compromiso das institucións, pero que se tratan de obras que son precisas a dia de hoxe polos veciños de Cambados, e que así o esta a demandar a cidadanía, pero que dende as institucións non se lle dan prioridade algunha.

Adxudicación obra

O que mais nos leva a preocuparnos de todo isto é como se permite o comezo da instalación destas comportas, que van ter que permanecer paradas durante dous ou tres anos, se o Alcalde cumpre coas declaracións que fixo publicas nos distintos medios de comunicación; e que sentido ten, ter unha obra hidráulica destas características parada durante todo este tempo, e quen se fará cargo nun futuro, se fora preciso, das reparacións e do acondicionamento para volvelas a poñer en funcionamento dentro de dous ou tres anos, cando no Saco de Fefiñans se rematen as obras de saneamento, se todo sae como esta previsto. ¿Esta é a magnifica xestión que nos vende o Partido Popular de Cambados? comezar unhas obras que non se van a poñer en funcionamento ata dentro duns anos, mentres as que si son realmente precisas e que demanda a cidadanía se dilatan argumentando que se atopan en estudio, ¿Que beneficio vai ter Cambados durante estes anos se as comportas non se van poder utilizar? ¿Non seria mellor destinar eses fondos as obras que agora mesmo fan falta en Cambados?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.