Que o PP de Cambados contesta mal, tarde e a rastro as preguntas que ten a ben facerce a oposición, xa o sabíamos. Que era unha estratexia dese partido a todos os niveis sospeitábamolo pero agora o sr. Feijóo ven de confirmalo.
O PP impide a comparecencia de Feijóo para dar conta dos novos datos sobre financiamento irregular do PPdeG.
O responsable socialista lembrou que o Goberno tan só ten respondido, no que vai de lexislatura, a 126 das 277 preguntas formais formuladas a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, un 45 por cento. Denunciou o incumprimento da norma e a vulneración constante dos dereitos da oposición, e polo tanto da cidadanía “que presenta estas preguntas a través de nós”.
Méndez Romeu adiantou que “malia que veñan Feijóo e Rueda a farfullar escusas e dar estatísticas, o certo é que a información está a ser sistematicamente negada”. Logo de 5 anos de requirimentos á presidenta, que teñen sido puntualmente ignorados, os socialistas advirten que “ou convence o goberno para que cambie de actitude e isto comece a funcionar con normalidade ou presentamos un recurso ao Constitucional”.
Explicou que este é o único recurso que lle resta ao Grupo Socialista “logo de cinco anos” nos que o goberno galego ou ben elude responder ou ben presenta respostas desaxeitadas aos deputados galegos. As preguntas formuladas a través do artigo 9 son requirimentos de información a través da Presidencia do Parlamento e o goberno ten un prazo de 30 días para responder, de acordo co Regulamento do Parlamento.
Pois visto o panorama cecáis a oposición cambadesa non lle quede outro remedio que ir ao Constitucional para que este obrigue a Aragunde e compañía a contestar convenientemente as preguntas que se lle fan nos plenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.