O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) incrementouse en 3.209 persoas en Galicia en setembro, en relación a agosto, o que supón unha subida do 1,25% e deixa o total de desempregados na comunidade en 260.733, de acordo cos datos publicados este mércores polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Galicia rompe, con este incremento rexistrado en setembro, coa serie de seis meses consecutivos de descensos nas cifras do desemprego, que baixaron desde o pasado marzo na comunidade.
Respecto de setembro do ano pasado, o incremento no número de parados é de 1.360 persoas na comunidade, un 0,52% máis, segundo os datos do ministerio.
En toda España, o número de parados subiu en 25.572 en setembro, un 0,54% máis respecto de agosto, rexistrando o seu mellor dato neste mes desde 2007. Con este repunte, que pon fin a seis meses consecutivos de caídas, o número de parados sobe ata os 4.724.355 desempleados.
No caso de Galicia, o desemprego aumentou fundamentalmente entre as mulleres, entre as que se rexistrou un aumento do 2,39%, ata as 135.954. No caso dos homes o incremento é de apenas 38 persoas (un 0,03%), ata un total de 124.779. Os parados menores de 25 anos rexistrados nas listas de desemprego son 15.998, un 2,45% máis que en agosto.
Por provincias, o maior incremento relativo foi o de Lugo, cun 2,25% respecto de agosto, son 569 persoas máis, ata facer un total de 25.847. En Pontevedra o incremento é do 1,26%, 1.277 persoas máis, cun total de 102.918; mentres que na Coruña creceu un 1,16%, 1.189 persoas máis, que elevan a 103.824 a cifra da provincia. Para rematar, en Ourense o incremento foi do 0,62%, o que supón que están anotadas 174 persoas máis e que o total é de 28.144.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.