O sector servizos volve ser o sector que máis desemprego xera, nas bisbarras de Pontevedra e Arousa. Tral fin do verán, detéctase que finalizado o efecto estacional de creación de emprego durante o verán e, polo tanto, o paro volve ascender.
O número de desempregados na cidade de Pontevedra ascende a 8.410 incrementándose en 239 persoas respecto ao mes de agosto deste ano. O dato tamén é negativo en relación ao mes de setembro do pasado ano con 246 parados máis.
En Arousa, no concello de Vilagarcía a cifra de desempregados sitúase en 4.804 cun descenso de 13 desempregados en relación co mes anterior e cun incremento de 149 persoas que se sumaron ao paro durante este mes en comparación con 2012.
En Cambados a cifra de parados ascende a 1562, 812 homes e 750 mulleres, 42 traballadores máis que en agosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.