Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de octubre de 2013

MÁIS PROBLEMAS PARA BENITO "SIERTA PENA" GONZÁLEZ PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE CAMBADOS





A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia, vén de presentar o día 5 de Outubro de 2013 ante a Consellería de Medio Rural e do Mar a solicitude da INTERVENCIÖN da Fegacope, da que é presidente o cambadés Benito González, máis conocido como "sierta pena"  (Federación Galega de Cofradías de Pescadores de Galicia) e a Fundación Océano Vivo cuxa cúpula represéntana os mesmos cargos, por unha presunta fraude fiscal de máis de 3 millóns de euros, a día de hoxe desaparecidos.

En declaracións en sé xudicial do Xulgado Nº 1 de Carballo afirma o Expresidente da Fegacope e de Océano Vivo que recaudaron polo menos 2 millóns de euros en nome dos 300 mil voluntarios que chegaron a Galicia e que foron distribuídos entre as 63 cofradías de Galicia sen aportar proba documental algunha no plenario xudicial, actas, memoria, contabilidad, etc.


Segundo a documentación aportada á Consellería de Medio Rural e do Mar, a memoria da FEGACOPE só mostra os 330.000 euros que recibe da Consellería para os seus gastos de xestión e a memoria da Fundación Océano Vivo, á súa vez só mostra os 233.000 euros que tamén recibe da Consellería de Medio Rural e do Mar, non estando reflectidos os 2 millóns de euros como afirma que distribuíu o responsable dos entes denunciados.

O ex Secretario de Medio Rural e do Mar, o Sr Francisco José Vidal Pardo no mesmo plenario afirmou que tras revisar a documentación aportada polos entes agora denunciados non vió atisbos do diñeiro que se nomea nos escritos e en sé xudicial. Na denuncia responsabilízase á Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural de colaboración necesaria para poder cometer o delito denunciado, así xa no o 23 de Decembro de 2012, baixo o amparo e á luz da normativa sectorial imposta ás Confrarías de pescadores de Galicia, e que o DECRETO 261/2002, de 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das cofradías de pescadores e as súas federacións e do artigo 27. 29º do Estatuto de autonomía e seguintes de aplicación, a
Consellería de Medio Rural e do Mar ten a competencia exclusiva en materia de cofradías de pescadores, polo que solicitaban ante a mesma: a INTERVENCIÓN INMEDIATA da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a paralización inmediata de pagos ou ingresos con cargo ao diñeiro público por calquera motivo ou resolución pola Consellería de Medio Rural e do Mar en base aos feitos denunciados e que a mesma fixo caso omiso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.