Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2013

O POMBAL COMPLEXO DEPORTIVO OU COMPLEXO DE INFERIORIDADE.



Xa o denunciamos hai unhas semanas.


Un paseo polas instalacións deportivas do Pombal sirve para atopar un abandono preocupante. Maleza por todas partes, suciedade, a pista de atletismo desfacéndose pouca pouco, niños de avespas, e toda clase de botellas e plásticos.

Pero todo isto débese a que fai meses que ninguén está encargado da limpeza e mantemento de ditas instalacións. Hai uns dias estaba un empregado municipal pasando a desbrozadora polas beiras dunha finca particular que invadían apenas uns centímetros o asfalto, pero ninguén se fai cargo de adecentar as beirarruas do Pabellón, que son de todos. Nas fotos podedes ver parte de todo o que se ve si te achegas a o Complexo Polideportivo do Pombal.




Este Concello tan amigo de crear postos de traballo debería ir pensando en poñer a alguén que se encargara de ter as instalacións algo decentes. Hai que recordarlle a o alcalde que pasar a entregar diplomas está moi ben pero tamén estaría ben mandar a alguén que tivera conta e limpase as instalacións onde centos de rapaces desenrolan a sua afición polo fútbol ou atletismo.



Fai uns dias, tras un forte chaparrón o campo de “diante” como lle chamamos todos quedou completamente anegado e o motivo, a falta de limpeza dos canalóns de desaugüe e a mala construcción do campo.

A piscina é un verdadeiro desastre. A tan demandada, polos usuarios e concesionarios, e prometida, polas autoridades, reforma da cuberta non da chegado e mentras tanto a perda de cartos polas fugas de calor faise cada dia máis grande. Os gastos non saen dos petos do Alcalde, saen dos veciñ@s de Cambados.

A verdade é que se adecentou todo un pouco para celebrar un campionato de fútbol. Os vestiarios as veces teñen que limpalos os mesmos monitores da base coa axuda dalgún pai ou nai.

Instalacións máis pequenas e a cuberto teñen un empregado fixo (Pavillóns de San Tomé ou O Pombal) e nos campos de fútbol do Pombal ninguén se encarga de telas con un mínimo de decencia.

Por último a grada de xoguete que hai no campo grande é de risa. Cando chove móllaste, é pequena e moi lonxe do terreo de xogo polo que ver un partido desde alí faise moi complicado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.