Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2013

A XUNTANZA GALEGA DE “SCRAPBOOKING” ADQUIRE CARÁCTER INTERNACIONAL





Entre 40 e 50 afeccionadas participarán na terceira Crop Galega, xuntanza autonómica de scrapbooking que se vai celebrar este sábado no salón de congresos e exposicións José Peña e que, gracias á presenza de unha profesora e catro alumnas portuguesas, xa principia adquirindo carácter internacional. A experta scraper María Reboredo de Bolboretas, acompañada por Rebeca Acierto, presentou esta peculiar xuntanza anunciando que xa hai 41 alumnas inscritas –dez máis que o ano anterior- e que está aberta a matrícula ata a primeira hora do mesmo sábado.
A Crop Galega é unha reunión de afeccionadas a o scrapbooking, manualidade que consiste en deseñar albums de fotos e recordos persoalizados con papel, etiquetas, lenzos e outros aditamentos. A cita está prevista para o sábado, a partir das 9,30 horas da mañá, e vai consistir na celebración de dous talleres, de tres horas e media cada un, ata rematar sobre as oito e media da tarde.

As profesoras que van impartir os cursos intensivos serán a monfortina Manoli Navarro, cun estilo próximo a o vintage, e a lusa Patricia Vilas Boas, de Porto, que practica un estilo máis sinxelo e práctico, tipo americano. As alumnas aportan 80 euros, prezo no que vai incluido todo o material, unha bolsiña de agasallos, así como almorzo, xantar e merenda. A o rematar os talleres, cada participante levará consigo os dous albums confeccionados baixo a dirección das monitoras.
As organizadoras deste encontro escollen de novo Cambados porque consideran que o salón Peña é un marco excepcional para este tipo de encontros, e agardan contar con numeroso público, igual que na pasada edición. María Reboredo indicou que realizara unha enquisa a través de Internet e que a gran maioría das participantes en edicións anteriores respaldou a opción de volver a xuntarse en Cambados en recoñecemento á excelente organización de 2012.

O público poderá observar a confección dos traballos en directo, pero unha vez rematados os talleres haberá portas abertas para que calqueira afeccionada poida preguntar e interesarse pola confección artesanal doscrapbooking.
As organizadoras cualifican de “adictiva” esta afección e estiman que cada día hai máis xente que se dedica a practicar este entretido hobby, incluso homes malia que ainda non se deciden a inscribirse neste tipo de eventos. Cada alumna participante disporá dun kit con todo o material, a base de cartón, papel e lenzos, para completar o catálogo de recordos coa temática que cadaquen desexe plasmar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.