Sae á luz a carta enviada pola Presidencia da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo (PETI) a o ministro de Guindos na que se esixen explicacións sobre o engano das preferentes. Dando seguimento a o concluído na xuntanza da PETI, polo eurodiputado de IU Willy Meyer, quen exerceu de Presidente durante a reunión da Comisión de Peticións na que se abordaron as diferentes denuncias presentadas ante a eurocámara pola fraude das preferentes, a Presidenta italiana Erminia Mazzoni, enviou unha carta a o ministro de Guindos solicitando explicacións sobre as accións tomadas.
| A comisaria Erminia Mazzoni |
O Parlamento Europeo solicita a o governo de España a devolución íntegra dos aforros ás vítimas preferentistas. Baseándose no cumprimento da Directiva 2004/39/CE relativa aos mercados de instrumentos financeiros, que regula a prestación de servizos de inversión en distintos produtos financeiros ben sexan preferentes, subordinadas ou bonos garantidos, no seu artigo 19 explicita que a empresa de inversión debe pedir información para avaliar se a clientela dispón da experiencia e os coñecementos necesarios para comprender os riscos que supón o produto ofrecido. Visto o non cumprimento desta Directiva o Parlamento Europeo esixe a devolución das cantidades estafadas á clientela.
| Yolanda Díaz (AGE) |
Cando a "propia presidenta da comisión de peticións manifesta que dende o Banco de España non se velou polo cumprimento das directivas europeas e que aínda que sexa competencia das autoridades españolas, os membros da Comisión europea seguirán de preto o proceso, vén a dicirnos que este governo de España non é fiable", segundo declaracións de Yolanda Díaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.