Presenta moción no concello de Cambados para que o PP elimine a súa
decisión e que a Xunta de Galiza non a aplique no noso país
Víctor Caamaño Rivas, portavoz municipal do BNG, presentará hoxe unha moción diante do pleno da corporación municipal para “instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a derrogación da resolución que obriga ao copagamento das medicinas ás persoas doentes crónicas non hospitalizadas,
e a que non aplique no noso país esta regresiva medida”.
O portavoz municipal nacionalista manifestou ademais que “estas persoas terían que pagar o 10% até os 4,20 euros de cada medicamento dos usados para enfermidades como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular.” Engade que 'esta medida do PP
resulta indigna, inhumana e inxusta, que retrata a un goberno que actúa contra a xente e favorece as grandes fortunas, á banca e ao poder económico.'
Finalmente, o portavoz municipal do BNG, di que “esta medida vén sumarse aos distintos roubos para facer caixa que se executan contra a xente máis desfavorecida, onde engrosan as persoas que adquirironpreferentes e subordinadas, as emigrantes retornadas, pensionistas, funcionarias e, en
xeral, a clase traballadora para
engordar a banca e o poder”.
engordar a banca e o poder”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.