Todo esto é outra medida para recadar cartos. Imponlleranse multas a aqueles que estiveron anos sen pagar?. Pagarán o atrasado? Sobre todo os empresarios amigos?.
Os labores de actualización catastral que o ORAL está a realizar nos concellos da provincia facilitaron a alta de máis de 1500 novos inmobles no que vai de ano, ós que hai que sumar outros expedientes de alteración motivados por cambios nos bens declarados e que xa tributaban, coma obras de reforma, ampliación ou construcións de anexos, que suman unhas 5000 actuacións.
A meirande parte destes expedientes de alteración abríronse naqueles concellos nos que o ORAL procedeu a un traballo completo de actualización e mantemento catastral, que, no último ano, foron os municipios de Sanxenxo, Cambados, Mos, A Estrada, Gondomar, Nigrán, Tomiño, Cotobade e O Porriño.
En todos eles revisouse o padrón completo de cada concello e citáronse os contribuíntes para a actualización de datos.
Os traballos realizados este ano veñen completar os que se levan facendo no último lustro, que incluíron procedementos masivos de actualización na práctica totalidade dos concellos da provincia adheridos ó ORAL, que na actualidade son 46.
Actualizacións masivas
Así, no Concello da Estrada foi onde se citou un maior número de contribuíntes, acadando os 2000, e tamén no que máis expedientes de actualización catastral se abriron, con 1500 (incluíndo novas altas e outras modificacións).
En Mos citáronse 1250 contribuíntes e xeráronse 700 expedientes de revisión catastral; os mesmos que en Sanxenxo, onde se citaron uns 1500 contribuíntes.
Pola súa banda, en Cambados deuse atención personalizada a 700 persoas e abríronse uns 450 expedientes, o mesmo número que en Gondomar.
En Nigrán xeráronse 300 novos expedientes, en Tomiño 300, en Cotobade 460 e no Porriño 250.
Este labor que o ORAL está a realizar non só permite mellorar a situación económica dos Concellos senón que, sobre todo, é unha garantía de equidade, facilitando que todos os cidadáns contribúan segundo o que lles corresponde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.