Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2013

LOUZÁN O DESPILFARRADOR







A Deputación de Pontevedra aprobará hoxe, na súa Xunta de Governo, un convenio co Concello de Cotobade para dotar o campo de fútbol municipal de Carballedo de céspede artificial. A obra representa un investimento de 488.311 euros. 

Nos tempos que corren dotar de infraestructuras deportivas a os Concellos que contan con outras aínda que non sexan as ideais parece unha broma. Sopoñemos que Carballedo non debe ter habitantes que o estean pasando mal económicamente, so así se entendería esa inversión. 
Pero si hai xente que o está a pasar mal, a que ben outro despilfarro máis da Deputación e un Concello. 
Louzán queixouse hai uns meses de que Caldas ía a investir uns cartos repartidos pola  Deputación e que viñan de Europa nunha piscina. O alcalde de Caldas é do PSOE e o de Carballedo do PP, de ahí a diferenza de criterios de LouzánPICA AQUÍ 
A aprobación do traballo responde a unha promesa electoral do programa do alcalde, Jorge Cubela, á vista das deficiencias que presenta o actual campo de fútbol de Carballedo. Despois de diversas xestións para acadar o financiamento necesario Cubela obtivo o compromiso do presidente da Deputación, Rafael Louzán, para asinar o convenio, que permitirá acometer unha obra que vai cumprir unha vella aspiración de Cotobade.
Neste campo –o único de titularidade municipal, aínda que existen seis máis– faise un notable uso das súas instalacións pois utilízano 250 deportistas á semana. Nel practican fútbol 100 nenos das escolas deportivas municipais, xoga e adéstrase o equipo federado de Cotobade, adéstrase o Caroi C. F. e xogan tamén tres equipos de veteranos: San Xurxo, Tenorio e Carballedo.

A Deputación prevé rematar a obra de instalación do céspede artificial este ano, ó tempo que dotará o estadio de elementos precisos para unha axeitada práctica do deporte, coma, por exemplo, a iluminación.
A institución provincial financiará o 70% do investimento final (341.818 euros) e o Concello de Cotobade asumirá o 30% restante (146.493 euros).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.