Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de septiembre de 2013

O B.N.G. PREGUNTA POLOS CHEIROS DA AV. VILARIÑO E A DESIDIA DO CONCELLO






PANADERIA LA BOUTIQUE DEL PAN CAMBADOSO portavoz do B.N.G. en Cambados ven de presentar un escrito no Concello sobre os cheiros que están a padecer os veciños e veciñas da Avenida de Vilariño, concretamente, dos edificios existentes no tramo de beirarrúa que vai desde a Rúa Pardo Bazán á Avenida de Madrid, manifestándonlle ao BNG, a súa desolación pola situación insostible pola que están a padecer debido ao malos cheiros  que chegan ás súas vivendas, procedentes da rede xeral de sumidoiros.


Segundo afirman, esta situación agravouse desde que hai uns anos  realizouse a urbanización da Rúa Pardo Bazán e que aínda que os edificios teñen  os correspondentes sifóns, nas conexións coa rede xeral de sumidoiros, o problema dos cheiros que padecen segue a ser gravísimo tendo, incluso, que abrir as fiestras para airear o piso en plena noite e ter que desaloxar aos cativos das habitacións. E como segundo afirman, o Concello é coñecedor desta grave situación pero nos lles facilita ningunha solución ao problema, e polo que pide que se de resposta as seguintes preguntas:


1.- Coñece, realmente o Concello, a causa da orixe destes malos cheiros nesta zona da Avenida de Vilariño? En caso afirmativo describa, concretamente, a causa.

2.- Que fixo o Concello ata o de agora para solucionarlle este problema aos veciños/as?

3.- Como está claro que a día de hoxe o problema dos cheiros, para estes veciños/as, persiste; que actuacións, e cando, pensa realizar o concello para solucionar esta grave situación?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.