A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a mellora de 14 estradas da provincia, cun orzamento de 691.260 euros, dentro do plan de investimentos para a posta a punto das súas estradas, valorado en 2 millóns de euros. Nesta ocasión os traballos levaranse a cabo en tres estradas de Cotobade, dúas de Cambados e unha de Pontevedra, Caldas-Moraña, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Vilanova de Arousa, Lalín e Rodeiro.
As obras mellorarán a capa da rodaxe polo que se aplicará un tratamento antiesvarante e a reposición da sinalización horizontal existente co fin de reforzar a capacidade de freado e o control dos vehículos nos tramos que se atopan con este problema.
Por outra banda limparanse as marxes con motoniveladora e levarase a cabo a reapertura de cunetas, o perfilado de noiros, o varrido e a achega de material en recrecido de paseos, sen incluír a retirada de sobrantes e vertedoiro, e executarase unha marca viaria de 10 cm e outra de 15 cm con pintura acrílica e microesferas de vidro.
Na zona de Arousa as estradas afectadas son: na EP-9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP-9005 Corbillón-Tremoedo, en Cambados; EP-9106 Praia do Carreiro do Grove; EP-9210, acceso a Roxique, Sanxenxo; EP-9301 Dena- Couto de Abaixo, Meaño; EP-9403 Santo Tomé-San Salvador, Meis; e na EP-9703 Vilanova-Pontearnelas, en Vilanova de Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.