Arredor de trinta e cinco artesáns ofertan os seus produtos de calidade nunha mostra que se inaugura mañá, ás 13.30 horas.
O paseo da Calzada acolle a partir de mañá a sexta edición da Feira de Artesanía e Comercio, unha mostra moi ampla de produtos artesáns de calidade que representan a máis de trinta firmas. Esta sexta edición da Feira de Artesanía será inaugurada pola directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez, xunto co alcalde, Luis Aragunde, mañá ás 13.30 horas, e serve para enriquecer e complementar a oferta cultural e enogastronómica de agosto.
No acto de presentación, o alcalde indicou que é un bo momento para levar a cabo esta feira de artesáns, porque neste mes a afluencia de visitantes é moi elevada, ademáis de que o paseo da Calzada constitúe un escenario ideal para este tipo de eventos. O número de expositores vai subindo porque esta feira é moi ben valorada no sector e xa está consolidada.
A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, agradeceu ó Concello o apoio prestado a este sector e subliñou o elevado número de persoas mozas que se están incorporando ó mundo da artesanía, o cal supón un soplo de aire fresco polo relevo xeracional. Engadiu que dende Artesanía de Galicia van seguir apoiando esta feira, que vai a máis cada ano, e anunciou a presencia na mesma do mestre dos cesteiros galegos, Antonio Suárez Davila.
Os visitantes van atopar 21 stands de artesáns que posúen a carta de Artesanía de Galicia, pola marxe dereita de A Calzada entrando dende o Concello ata o Parador, e outros quince de profesionais sen carta oficial pola outra banda do paseo.
Tamén se inclúen casetas de entidades sociais, como a Asociación Con Eles, Asociación Alba Pérez contra o Cancro Infantil, o Refuxio de Animais de Cambados, e institucionais, como a Consellería de Educación emais a Ruta do Viño Rías Baixas.
Nos stands de artesanía haberá postos de cerámica, cadros, autorreleves, figuras en ferro, flores secas, botellas decoradas, escultura en pedra, arte en area, xoiería, cestería, coiro, macramé, complementos, ademais de produtos alimenticios como mel, pan artesán ou queixo.
Pequechefs e banda deseñada
Mañá venres, de 11.30 a 13 horas, no salón de congresos José Peña, comeza o curso Pequechefs de Conto! Iniciación á cociña saudable con produtos da horta e do mar de Cambados, aderezados cunha manchea de relatos. Á mesma hora, na biblioteca Casa dos Fraga, comeza o taller de debuxo e creación de banda deseñada, que continuará durante todos os venres de agosto.
Concerto de Batallán e a Banda de Lalín
O sábado pola noite, ás 22 horas, na praza de Fefiñáns, Concerto de Esteban Batallán, trompeta solista da Orquesta Sinfónica de Grananda, xunto coa Banda de Música de Lalín. Este espectáculo non foi incluido no programa oficial da Festa do Albariño porque se concretou con posterioridade.
O venres, ás 19 horas, XIX Milla Urbana do Albariño no circuito urbano de Cambados e San Tomé. Os atletas Alejandro Fernández Rivera e Yolanda Gutiérrez parten como favoritos.
O sábado, ás 16,30 horas XLVI Gran Premio de Ciclismo do Albariño no circuito urbano.
O VIII Encontro Internacional de Palilleiras celébrase o domingo a partir das 10 da mañá, ata as 8 do serán, no parque de Torrado, e participan máis de 400 persoas de Galicia e do norte de Portugal.
Non podemos esquecer a concentración anual de Motos Vellas do Salnés.
Como novidade especial, i en memoria a Rafael Blanco, este ano haberá o sábado 10 de agosto unha "Scooterafa"

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.