Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2013

PEDALADAS PARA O RECORDO






Baixo o lema Pedaladas para o recordo, reorganízase e cámbiase a filosofía da Etapa da Vuelta que estaba pensada como unha marcha cicloturista para profesionais e semiprofesionales cun custo de inscripción de 20 euros, e que agora pasa a ser unha marcha de homenaxe, de carácter gratuito, e na que os participantes lucirán camisetas en memoria dos afectados polo accidente ferroviario de Santiago, co lema Pedaladas para o recordo.

Co obxectivo de que sumen a esta homenaxe o maior número de persoas posible, ademais da marcha prevista inicialmente -de 130 quilómetros de lonxitude con saída no Porto de Vilanova de Arousa e chegada ao Monte Lobeira- organizarase outra con percorrido máis curto e sinxelo
orientado a familias con nenos e a ciclistas afeccionados. Esta contará cun percorrido de 7 quilómetros, moi sinxelo, e que sairá tamén do Porto de Vilanova aínda que unhas horas máis tarde (en torno ás 12,00 horas). Ao acabar ambas marchas, os participantes terán a oportunidade de ver in situ a zona de saída inédita da Vuelta España dende unha batea, e posteriormente ofreceráselles a todos unha comida tamén gratuita.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.