Cambados prepárase para "Eco-logical Galicia", unha feira exclusivamente de produtos ecolóxicos que este verán vivirá a súa primeira edición.
O principal obxectivo é a concienciación, promoción e fomento do consumo dos produtos ecolóxicos, como unha acción responsable co medio ambiente e con nosa saúde.
Contará con 40 stands de produtos ecolóxicos que irán desde produtos da horta ata cosméticos. Ademais contaremos con charlas e talleres que nos instruirán sobre diversos temas non só para profesionais senón con instrucións prácticas para amateurs.
Desde o concello están traballando en contactar con comercializadores estranxeiros para ofrecer información útil sobre exportación de produtos ecolóxicos, así como para abrir unha canle de distribución naqueles produtos que sexan de maior interese.
O sector ecolóxico, malia a crise, é un mercado en alza que pode prover aos máis novos dun medio de vida digno e saudable, debido á crecente demanda dos seus produtos.
É interesante apuntar que este ano se dá unha grata coincidencia ao saír a volta ciclista a España de Vilanova a semana seguinte á feira, o que conlleva coordinar o aparello logístico de preparativos da volta ciclista coa actividade de Ecological Galicia, isto fai de Cambados a contorna perfecta que combinará alimentos saudables co máis esixente deporte.
Máis información:
Patricia Ibarra Lloves | Móbil: 00 34 667 577 102
Tel/fax: 00 34 886 117 132
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.