Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de julio de 2013

OS SOCIALISTAS DE VILAGARCÍA DENUNCIAN A TOMÁS FOLE NOS XULGADOS






O Partido Socialista de Vilagarcía, a través da súa voceira municipal Tania García, presentará mañá nos xulgados de Vilagarcía unha denuncia contra o Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, por presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias. Os socialistas creen que a deriva na que entrou o Alcalde respecto ao tema da instalación dunhas pistas de pádel en Vilagarcía, que se están a preparar no Porto, levouno a vulnerar a lexislación en materia urbanística. Dende o Partido Socialista plantexan que alertaron do inicio das obras sen licenza durante a pasada semana, e que solicitaron a través dos medios de comunicación e por escrito no propio Concello que se paralizaran, a instancias da Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que no seu artigo 209.1 é suficientemente explícita indicando que:



Cuando se estuvieren ejecutando obras sin licencia u orden de ejecución, o sin ajustarse a las condiciones señaladas en las mismas, el Alcalde dispondrá la suspensión inmediata de dichos actos y procederá a incoar el expediente de reposición de la legalidad comunicándoselo al interesado.

A tenor da lexislación os socialistas ven claro que o Alcalde debería ter paralizado de inmediato as obras, e sen embargo anunciou públicamente que era coñecedor de que a licenza non estaba aínda aprobada pero que non tiña intención de frear as obras. Ante o coñecemento dunha ilegalidade sobre a que ten a obriga de intervir, pero constatando que non o fará, os socialistas consideran que a denuncia por presunta prevaricación é necesaria para garantir o respecto ás leis e ao ordenamento xurídico.
Dende o Partido Socialista prepararon tamén un relatorio dos feitos ocorridos dende as primeiras intencións do Alcalde de facilitar a instalación das pistas de pádel en Fexdega, que valoran que amosa a intencionalidade de favorecer a unha empresa concreta vulnerando a lexislación. Para o PSdeG esta situación constitúe un presunto delito de tráfico de influencias polo que tamén denunciarán ao Alcalde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.