Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ACUSAN A LUIS ARAGUNDE DE MENTIR






Os Socialistas de Cambados prepararon unha batería de preguntas relacionadas coa páxina web do noso Concello e que foron contestadas no Pleno, faltando unha vez máis á verdade, aproveitando que estas cuestións no momento de ser contestadas non admiten réplica.


A primeira pregunta era para coñecer o motivo polo cal a páxina web tivo un custe tan alto, xa que páxinas doutros Concellos moito máis completas e con acceso a multitude de xestións costaron 15.000€ cun mantenemento da páxina de dous anos. A do noso Concello, sen embargo, xunto cuns vídeos divulgativos custou 42.399,76€.
Ante esta pregunta o Alcalde contestou que foi a licitación máis ventaxosa. Primeira das mentiras. A Lei obriga pola contía a que este contrato sexa un contrato negociado sen publicidade no que é precisa a invitación a tres empresas. Unha das empresas renunciou, outra non presentou a documentación precisa e por tanto só había unha empresa. Deste xeito, non foi a licitación máis ventaxosa senón a única.


En canto ó criterio seguido na páxina para a colocación de Resturantes e Hoteis, xa que non seguen unha orde alfabética, a contestación é que seguen unha orde aleatoria. Qué casualidade que os locales frecuentados polo PP sexan os que aparecen antes!!



A cuarta pregunta era por qué nunha secuencia rotativa de imaxes aparecen unha serie de locales repetidos mentres q outros moitos non aparecen, se pagaron algún tipo de publicidade. Contesta que os que non aparecen é porque non presentaron a documentación que se lle requería. Cousa que é absolutamente incerta, xa que hosteleiros da zona, non tiñan nin idea deste asunto e manifestan que se soubesen que o Concello ía publicitar gratis os seus locais, claro que a enviarían.



Ademáis, na páxina de Inicio, nunha                                           secuencia onde aparecen fotos representativas de Cambados aparece tamén unha mesa con marisco e unha tarxeta co nome dun Restaurante.(Imaxen da esquerda)
 Preguntóuse tamén no Pleno, por tanto, o porqué desta publicidade, contestando o Alcalde que non aparece un senón moitos, Restaurantes. Cousa que tamén é totalmente falsa e non hai máis que abrir a páxina de Inicio e mirar as fotos para demostrar que unha vez máis, o Alcalde de Cambados minte ós Concelleiros en Pleno e ós cambadeses no seu conxunto.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.