Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2013

A V FESTA DA PALABRA HONRA A ROSALÍA, CURROS E PONDAL NA INSUA DOS POETAS








Organizada pola Fundación Insua dos Poetas que preside Luís González Tosar, e coa colaboración da Deputación de Ourense, o próximo sábado 20 de xullo terá lugar, na Esgueva, parroquia de Madarnás, Concello do Carballiño, a V edición da Festa da Palabra. Nesta ocasión a Fundación acordou homenaxear aos tres grandes poetas do noso Rexurdimento literario: Rosalía de Castro, no 150º aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863), Manuel Curros Enríquez, autor de Aires da miña terra (1880) e Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos (1886).

Co gallo desta celebración, colocarase na Insua unha escultura alegórica do Rexurdimento da lingua galega, da que é autor Pedro José Rodríguez Álvarez, ex alumno da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.



A Fundación quere manifestar tamén, perante os medios de comunicación, o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra pola doazón do monumento, sen custo de ningún tipo, que será trasladado e colocado na Insua e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao Concello do Carballiño e á Asociación de Veciños de Madarnás. Asimesmo, no acto literario intervirán, entre outros escritores e personalidades do mundo cultural, o presidente da RAG, prof. Xesús Alonso Montero, os poetas Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas, Víctor Campio Pereira, Edelmiro Vázquez Naval, os artistas plásticos Antón Lamazares, Antón Pulido, Vidal Souto, Alexandre, Nicolás González Aller, Acisclo Manzano, Xosé Cid, Manuel Penín, o actor Rubén Riós e os presidentes das Fundacións Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.




Este acto literario, que tradicionalmente reúne a creadores e veciños das parroquias de Madarnás (O Carballiño), Corneda, Cangues e Loureiro (O Irixo), lévase a cabo grazas á inestimable axuda do Concello do Carballiño, do INORDE e das empresas ourensás: Aceites Abril, Coren e Adega Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira). A actividade, que comezou en 2009, adicóuselle en 2010 ao escultor Arturo Baltar, en 2011 ao poeta lucense Xosé Mª Díaz Castro e, en 2012, a Celso Emilio Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.