Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2013

120 PRAZAS NAS LUDOTECAS DO CONCELLO DE CAMBADOS







O Concello abre o prazo de inscrición –ata o 20 de xuño- para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, por quinto ano consecutivo, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 1 de xullo ata o 29 de agosto, en vésperas do novo curso 2013-14.  

As familias interesadas neste servizo deberán presentar as súas solicitudes só no rexistro municipal. Como o ano anterior, ofértanse 120 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Á hora de cubrir estas prazas vaise dar prioridade ás familias monoparentais e aquelas nas que traballen o pai emaila nai. Cando presenten a instancia, os pais que traballan deberán acreditalo.
 
Tamén terán prioridade os rapaces empadroados en Cambados; os que xa participaran na ludoteca en anos anteriores; os que se inscriban para os 2 meses do verán; así como os que levan todo o curso inscritos na gardería. Os prezos serán de 50 euros mensuais polas actividades, e 50 euros só para aqueles que utilicen o servizo de comedor. 
 
A resposta dos proxenitores foi moi positiva nos pasados veráns, pois era unha necesidade ante a dificultade de compatibilizar o traballo co coidado dos fillos. Na primeira edición acolléronse arredor de 60 rapaces pero o éxito desta iniciativa provocou axiña un incremento da demanda, que obrigou a ampliar a inscrición ata as cen prazas e, o pasado verán, ata as 120. 
 
De 9 a 14 horas, ou ata as 15 h con comedor
Previsiblemente, as aulas para este servizo habilitaranse outra vez nos colexios de A Pastora e San Tomé, ainda que están pendentes as reunións dos consellos escolares que deben decidir se autorizan a cesión. Pero ainda que estes se neguen faránse alí si ou si. Remitímosvos a anos anteriores. Os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 9 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas. 
 
Esta iniciativa municipal surxiu coa intención de responder a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios expresan a súa satisfacción por esta prestación, que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos. O servizo vai na mesma linea que o Plan Madruga, que se desenvolve en varios colexios cunha crecente demanda.
 
O alcalde, Luis Aragunde, valora moi positivamente esta experiencia iniciada no verán de 2009, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que é do agrado das familias, como o proban as numerosas solicitudes de inscrición. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar no colexio completando o horario ata as 15 horas.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.