Clube Náutico de Sanxenxo moi "parecido" a o de Cambados |
Sanxenxo, O Grove e Cambados son tres dos 67 concellos de toda España que recibiron o galardón que os certifica como destino turístico excelente para a práctica de deportes e actividades náuticas, e preparado para acoller a turistas náutico-deportivos. Os tres recibiron a bandeira conmemorativa de mans do presidente da Asociación Española de Estaciones Náuticas, Joan Campolier, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego.
Este recoñecemento implica que en ditos destinos danse unhas condicións excelentes para a práctica de deportes náuticos, e que se impulsan desde eles actuacións para tematizar o destino como destino náutico, así como que se dispón dunha oferta de produtos especializados listos para a súa comercialización e contan cun calendario anual de eventos.
Os tres rexedores municipais, presentes en FITUR para recibir estas bandeiras, destacaron a relevancia de formar parte da Estación Náutica Rías Baixas, a única existente na costa atlántica española, ao entender que "non debemos perder a oportunidade que nos ofrece esta vía de traballo e promoción ao tratarse dunha marca recoñecida a nivel nacional e internacional".
Esta foi a razón principal pola que as tres vilas do Salnés, apostaron o pasado verán por recuperar e impulsar unha iniciativa que defende unha xestión eficiente dos destinos náuticos e que "para nós supón a oportunidade de aproveitar sinerxias e de traballar en rede", subliñou a alcaldesa.
O máis raro e que para o turismo náutico é preciso contar con unha serie de instalacións e as de Cambados non son precisamente as mellores. Alegrámosnos por esta distinción pero estas cousas hai que merecelas e no caso do noso povo creemos que non é así.
Para a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, o sector náutico é "esencial", por ser exemplo de turismo diversificador. Ademais, subliñou que "España es el país europeo con más superávit en este sector", polo que manifestou o seu compromiso e apoio coa rede de estacións náuticas. "Os vamos a seguir respaldando", engadiu. "Estamos en momentos de cambio y el turista que nos visita es más formado, busca algo más que el sol y playa, busca experiencias como las que ofrecéis".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.