É unha das actuacións máis agardadas polo sector marisqueiro de
Cambados. A rexeneración do Saco de Fefiñáns porase en marcha moi
pronto. Así o acordaron o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez e o alcalde, Luis Aragunde.
Este plan de saneamento, no que se investirán máis de 1,3 millóns de
euros, executarase en dúas fases, e os traballos principais poderían
comezar en xuño para rematar no prazo de doce meses.
Despois instalarase o novo colector en A Cabana, un depósito de
retención de augas unitarias en O Pombal e a mellora do saneamento na
rúa Pombal. En total vaise colocar un quilómetro de tubaxes novas, pero
a instalación máis relevante será o tanque de tormentas (depósito de
retención) con capacidade para 400 metros cúbicos de auga a carón da pista de atletismo do complexo deportivo.
O alcalde Luis Aragunde avaliou como "trascendental este investimento para Cambados",
pois considera que "este proxecto é moi ambicioso e importante, sobre
todo para o sector marisqueiro que verá como un extenso terreo degradado
vaise transformar en fértil para o cultivo do marisco".
O obxectivo consiste en sanear a enseada, mellorar a calidade das augas e facelas viables para o marisqueo, pois actualmente O Saco está cualificado como zona C e preténdese lograr a recualificación como zona B, algo que os técnicos estiman que se podería acadar nun curto espazo de tempo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.