Coidado!!!!
O pequeno dictador Cores Tourís lanza unha velada ameaza.
A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra aínda non estivo no punto de mira dos afectados pola comercialización de participacións preferentes ou subordinadas, pero o seu responsable, José Manuel Cores Tourís, adiántase aos acontecementos e xa alerta os posibles manifestantes que non lles permitirá un encerro nas instalacións.
Tras os últimos incidentes de afectados polas preferentes que tiveron encerrado ao Goberno local do Porriño ata altas hora da madrugada ou obrigaron a cancelar o pleno de Ás Neves, Cores Tourís respóndelles:"a min, se me pasa aquí, eu teño clarísimo que desaloxo a quen sexa daquí e aquí non queda encerrado ninguén, teñoo clarísimo".
Tourís realizou estas declaracións ante os medios de comunicación despois de que todos os alcaldes do PP de Pontevedra anunciasen unha fronte común contra "a actitude de violencia crecente" cara a eles que adoptaron os últimos días os afectados.
O delegado territorial de Pontevedra mostrou o seu total respaldo á postura dos rexedores do seu partido "dicindo que non van permitir iso", pois na súa opinión "dende logo, eu creo que teñen que tomar ser medidas". Sobre as protestas dos afectados e a petición de axuda que están a realizar os distintos concellos pontevedreses, sinalou: "eu creo que nas corporacións teñen que presentar os escritos, teñen que reclamar o que queiran, pero, dende logo, é un sinsentido todo isto porque un día vai acabar mal algo".
Ademais, atribuíu todas estas protestas e irrupcións nas casas consistoriais a "algúns lideres políticos dos que queren gañar as eleccións na rúa con todos estes temas".
Temos que recordarlle a Tourís que fixo Alianza Popular xermen do PP en Cambados no ano 86. Aquelo foi unha batalla nada que ver co que fan agora os afectados polas preferentes.
A memoria estálle a facer unha xogada a Tourís.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.