Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de enero de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ENFADADOS CON ARAGUNDE






Os Socialistas de Cambados denuncian as trabas de Luis Aragunde e do  PP para torpedear a súa iniciativa da recollida de alimentos para Cáritas.
Non entendemos porque o PP non apoia medidas coma esta que só pretende axudar aos que peor o están a pasar, manifestou Fátima Abal.
O pasado ano, as Xuventudes e os Socialistas Cambadeses, puxeron en marcha unha exitosa campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, así como de xoguetes, para colaborar en facer unas mellores navidades para aquelas familias que peor o estaban a pasar. Contaron coa colaboración de supermercados do pobo,  de moitos cambadeses e dos centros escolares que puxeron o seu grao de área para que non faltara apoio e calor para todos nesas  sinaladas datas.

A portavoz Socialista Fátima Abal, quedouse negativamente sorprendida ao comprobar como o Concello respostaba a súa solicitude dun pequeno espazo no vestíbulo de entrada ao Auditorio da Xuventude, era rexeitada polo Alcalde Aragunde alegando "que haberá actos". Son desculpas de mal pagador- indicou Fátima Abal- poñer unha mesa nunha esquina nin estorba, nin limita, nin impide o desenvolvemento de actividade algunha. Curiosamente, o mesmo Secretario do Concello confirmounos verbalmente que non habería problema algún en concedelo, e ven o Alcalde e "fainos este boicot inxustificado, xa o pasado ano houbera  actos e todo foi perfectamente", laiase a portavoz socialista.
Os Socialistas de Cambados lamentan a actitude do PP e o que supón de intento de boicotear unha iniciativa que pretender colaborar con Caritas para axudar ás familias cambadesas que o están a pasar mal.O PP fala moito pero fai moi pouco. e nin come nin deixa comer, sinalou Fátima Abal quen insistiu que continuarán adiante coa súa iniciativa porque para os Socialistas as persoas son o que máis nos importa, sobre todo os que pasan privacións e necesidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.