Os cartos destinados á personal de confianza do PPdeG na Xunta superarán os 3,8 millóns de euros. E iso, a pesares de que un dos principais argumentos que utiliza o presidente galego é a recurrente austeridade.
A "falsa austeridade"
Ambos os dous grupos criticaron a "falsa" austeridade do presidente autonómico e denunciaron que pregona unha cousa e fai completamente a contraria.
Pola súa banda, o Secretario Xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, xustificou este aumento pola asunción da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Axencia Galega de Turismo. E volveu insistir noutro dos argumentos de Feijóo, a baixada de soldos. "Os soldos dos traballadores xa se reduciron un cinco por cento", indicou ao tempo que lembrou qu o gasto en persoal dentro da Secretaría Xeral da Presidencia cae "un 6,5 por cento" con respecto aos últimos orzamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.