Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para aerradicación do furtivismode produtos pesqueiros así como do seu transporte ilegal nesta provincia, na tarde de onte, incautáronse 1200 quilogramos de berberecho ao carecer da correspondente "Guía de Circulación" para o seu transporte e ser parte deles de talla inferior á regulamentada.
Os feitos sucederon cando compoñentes do Posto da Garda Civil de Vilagarcía detectaron circulando pola estrada que circunvala dita poboación, dirección Carril, o vehículo isotermo, marca Iveco, modelo Daily, o cal ademais de carecer de todo tipo de rotulación deste tipo de vehículos, presentaba unha aparente carga excesiva debido ao estado da suspensión.
O vehículo foi trasladado ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil, e coa colaboración do Seprona y do Servizo de Garda Costas.
Por todo iso procedeuse á instrución do acta pertinente por dita infracción e ao decomiso do vehículo e a mercancía que foi devolta ao mar polo Servizo de Gardacostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.