Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2013

OS SOCIALISTAS DE AROUSA CONTRA O DESPILFARRO DAS POUSADAS







O socialistas arousáns arremeten contra o despilfarro que supón a construcción das Pousadas do Salnés na seguinte nota:

1.- XUSTIFICACIÓN: Non se xustifican, máxime na comarca con maior dotación hoteleira da Provincia. Falábase dun proxecto social pero non son un proxecto social, son unha competencia desleal para o sector. A normativa turística marca unhas medidas de accesibilidade que todo establecemento ten que cumprir. Son catro hoteis máis. Eso sí con cartos de todos.

2.- FALTA DE TRANSPARENCIA: Ademáis a execución xenera dudas: falta total de transparencia imposibilidade de acceder ao Expediente, modificacións técnicas dos proxectos que non coñecemos.
3.- DESPILFARRO ( o Gaiás do Salnés):  
Orzamento inicial 9.600.000.-€, actual  15.000.000.-€, case 4.000.000.-€ por Pousada, ademáis o incremento do custo provén de fondos da propia Deputación, a esto hai que engadir que a axuda FEDER a que tanto se fai referencia e unha porcentaxe pequena do total. Dónde está a política de austeridade que tanto defende o PP?,Feijoo non ten nada que decir?
Esto é un gran Despilfarro, outro bo exemplo delo son os  500.000.-€ para publicidade e propaganda,que o orzamento recolle . Estanse gastando 500.000.-€ co único fin de convencer que son un gran proxecto.
 Y o peor de todo é que esta grande inversión, este proxecto público vai ser explotado pola empresa privada mediante unha concesión a 25 anos.


4.- SECTOR TURÍSTICO: Necesidade de políticas activas no sector turístico que está atravesando por grandes dificultades, pola crise e polos impostos: IBI,IVA, Canon Verquidos, etc....
15.000.000.-€ invertidos no sector terían máis eficacia, por exemplo  para axudar a modernizar as instalacións, promovendo paquetes turísticos, favorencendo dotacións turísticas complementarias, mellorando o transporte dende os aeroportos á comarca…….

E sobre todo en proxectos realmente sociais: 15.000.000.-€
Centros de Día para a comarca : daría para cubrir a demanda dos veciños do Salnés
Centros de Saúde: Ata 7 novos Centros de Saúde
Guarderías e/ou Comedores Escolares: axudar aos país nos custos por estes conceptos
Asistencia Social : Dependencia, Teleasistencia: redúcense ou eliminanse servizos realmente sociais, de necesidade para os veciños….pero construimos 4 hoteis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.