A nova guía de Aloxamentos do Viño de Enotel Collections World seleccionou ao hotel enolóxico Novavila, en Meis, entre os 56 establecementos de Europa que forman parte das súas recomendacións.
Novavila convértese así nun dos dous únicos hoteis enolóxicos de Galicia que forma parte desta prestixiosa e exclusiva guía.
Enotel Collections World é unha marca internacional de calidade creada para diferenciar un segmento singular da oferta hoteleira, baseada non só na calidade dos seus viños, senón na súa singular localización e a súa privilexiada relación co ámbito que o rodea.
Todos os establecementos seleccionados son consideradosobxectivos turísticos de primeira orde e lugares de destino para o máis esixente turismo internacional.
Novavila xa se converteu o pasado ano nun dos 46 exclusivos establecementos seleccionados en toda Europa pola guía de viaxes e hoteis de luxo de Condé Nast Johansens, considerada como a principal editora internacional de guías de hoteis de luxo do mundo.
Así mesmo, Fernando Galardo, editor da guía 'Hoteis con Encanto' definiu a Novavila como "a experiencia máis sensorial e amigable do enoturismo en España".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.