Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2013

LOUZÁN TIRA COS CARTOS QUE NON SON SEUS




Rafael louzán visteuse de Rei Mago e tivo que darlle a os afectados polas expropiacións do Polígono de Barro-Meis uns 10 millóns de euros pola sua neglixencia e prepotencia. Pero coma sempre os cartos non saen do peto do Presidente da Deputación senón que saen de todos os contribuíntes. Si se houbera pagado no seu momento os intereses que agora se pagan teríanse  aforrado.


A Deputación procedeu, no último mes, ao abono do justiprecio das expropiacións do terreo do polígono Barro-Meis e calcúlase que o desembolso das mesmas puido superar os dez millóns de euros, entre a cantidade da expropiación e os intereses de demora por non pagar no seu día. Máis de cinco millóns de euros leváronllos as tres comunidades de montes que achegaron parte do terreo ocupado polo polígono, as da Portela, Curro e, en menor medida, Agudelo, mentres que o resto foi a parar a particulares: un dos afectados ingresouse un millón de euros, outra familia cunha importante cantidade de chan ocupado ingresou unha cantidade superior e un gran número de veciños de Curro embolsáronse unha media de 30.000 euros.

O polígono Barro-Meis construíuse no ano 2006 sobre preto de medio millón de metros de chan rústico e forestal con acordo a unhas expropiacións executadas pola Deputación cun prezo de nove euros o metro cadrado. Nin as comunidades de montes afectadas, nin os particulares estiveron de acordo e as apelacións ante o Tribunal de Expropiación de Galicia non se fixeron esperar. Chegaron a reclamar 59 euros por metro cadrado. A decisión final foi a de conceder un justiprecio de 22 euros por metro, que se converteron en prezo definitivo o pasado 23 de marzo de 2011, cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou as dúas primeiras sentenzas sobre a apelación da primeira parcela, de 88.000 metros, e doutra superficie coñecida como ‘Leira de Mon' que era a terceira máis importante das que compuñan o polígono en canto a tamaño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.