Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2013

O PP CALA ANTE A DENUNCIA CONTRA BALTAR






Estes últimos dias vimos de coñecer a admisión a trámite da querela da fiscalía contra o ex presidente da Deputación de Ourense Xosé Luis Baltar por un presunto delito de prevaricación continuada. Ante esta querela nin Feijóo nin Alfonso Rueda nin Baltar fillo(herdeiro do seu pai na Deputación ourensá) fixeron declaracións a o respeto, amosando a sua total “tolerancia e connivencia coa presuntamente trama de corrupción” na entidade provincial para colocar a axentes electorais do PP ou familiares na Deputación.. Estos tres persoeiros deben dar contas pois foron “beneficiarios directa ou indirectamente” desta trama.



As Deputacións son instrumento para o desenvolvemento da provincia e non coma oficiña de colocación de achegados a o Partido Popular.
Tra-la admisión a trámite da querela da ficalía, moitos nos preguntamos porqué os implicados, e non só Baltar, non dan contas “destas prácticas”. A oposición ven denunciando estas prácticas corruptas dende hai moito tempo e por fin alguén quere facer algo. Pero lonxe de explicar todo, a resposta do PP a todo este lio é a denuncia de que o PSOE tamén tería feito algo semellante no Concello de Ourense.


A política do “e ti máis” é a única resposta por parte da cúpula dos populares de Ourense e de Galicia.
Agardemos que a Xusticia faga o seu traballo e tamén visite outras Deputacións sospeitosas de prácticas parecidas na contratación de persoal ou adxudicación de obras as mesmas empresas sempre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.