Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2012

A MERCED, PARA QUE SERVE?







Dende este blog temos criticado en varias ocasións o funcionamento e utilidade do Centro Sociocultural de “A Merced”. O tempo danos a razón.

Aproveitando o parón do Nadal a persoa asignada a dito centro vai coller as vacacións anuais que lle corresponden. Ata aquí todo normal e lóxico. O pouco normal e ilóxico e que o centro peche as suas portas ata o vindeiro 23 de xaneiro, agás para os pensionistas que alí se reunen e supoñemos que tampouco pecharán para as diferentes ANPAS ou asociacións que desenrolan alí diferentes actividades.


Polo tanto nin OMIX, nin sala de ordenadores( que cada vez utiliza menos xente, menos de media ducia de persoas cada dia) nin haberá cursos, nin nada de nada.
Esto lévanos a sacar duas conclusións, a primeira e que o centro non vale para gran cousa e a segunda é que como é posible que habendo tanta xente traballando no Concello no departamento de Cultura non hai substitut@ para seguir co funcionamento deste centro...... Con esto último invádeme unha dúbida, a xente que hai no departamento de Cultura non serve para atender as necesidades do CENTRO SOCIOCULTURAL DE “A MERCED”?, un centro no que a actividade e case cero i é bastante sinxelo organizar.
 Por outra banda agardamos que esta traballadora de vacacións non colabore nos traballos da Cabalgata de Reis..........entón apaga e vámonos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.