Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2012

OBRAS DE NUNCA ACABAR





Despois do meu regreso a Cambados e cando as condicións climatolóxicas permitenme  dar unha pequena volta polo povo,  descubro que certas cousas non mudan, costumes aparelladas a toda campaña electoral. 

Empézanse obras en campaña electoral e despois de pasadas as eleccións páranse sen motivo aparente. Ou sí hai motivo para paralas?. Cecáis o que se contratou foi unha pequena primeira fase para agardar a que no futuro apareza unha partida orzamentaria caída do ceo ou de Europa ou sabe Deus de onde para poder rematala.
En concreto falo de duas obras que levan coma mínimo 15 dias paradas ( o tempo que levo en Cambados) pero que si nadie me di o contrario, leven máis tempo. Unha delas e as portas da casa dun dos máis significados militantes do PP. Co poder que se lle presupón e moi raro que non lle adecenten a rua na que vive, i é que precisamente a obra en cuestión ocupa todo o longo da fachada principal da casa deste empresario e home forte do PP de Cambados.


A outra obra está na rúa Sevilla, calquera das duas entorpece o paso a peóns e vehículos.
Agardemos que so sexa un parón polo Nadal e que pronto se retomen as obras polo ben de todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.